Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Ostras escabechadas

Elaboración

Coller as ostras, abrilas e limpalas, rustrilas nunha tixola cun pouco aceite durante un tempo, retiralas e reservalas nun recipiente fondo de barro ou cristal. Elabórase o escabeche fritindo en aceite os allos laminados con sal groso. Unha vez dourados, retirar o aceite e, cando amorne, incorporar o vinagre, o viño de Xerez ou viño branco, o loureiro e os grans de pementa. Volver poñer todo ao lume uns minutos. Separar ata que quede morno e cubrir con isto as ostras que tiñamos reservadas nun recipiente con tapa. Deixar que repousen as ostras escabechadas durante polo menos tres horas antes de consumilas.

ingredientes

  • 24 ostras
  • 1 cunca de aceite de oliva
  • 2 culleres de vinagre de Xerez
  • 1 culler de café de Xerez ou viño branco
  • 6 follas de loureiro
  • Uns grans de pementa
  • 3 dentes de allo
  • Sal

relacionados

<< retorno