Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Vieiras ao Albariño

ELABORACIÓN

Primeiro limpamos e lavamos moi ben as vieiras. A seguir, nunha tixola, poñemos aceite de oliva e engadimos a cebola picada moi fina, o allo, o perexil e o sal. Cando a cebola estea branda e transparente, engadímoslle o xamón cortado en dadiños pequenos e refogamos toco un pouco.

Nas cunchas de vieira poñemos a vianda limpa e por riba agregámoslle un pouco de refrito a cada unha, regámolas cun chorriño de albariño, cubrímolas con pan raiado e introducímolas no forno. Cando o pan raiado adquira unha cor trigueira, estarán listas para servilas na súa propia cuncha.

ingredientes

INGREDIENTES PARA 5 PERSOAS

  • 10 vieiras
  • 3 cebolas
  • Aceite de oliva
  • Allo e perexil
  • Sal
  • 200 g de xamón curado
  • Viño albariño
  • Pan raiado

relacionados

<< retorno