Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Nécoras recheas

Elaboración

Meter as nécoras a cocer con auga, sal e loureiro durante uns oito minutos. Deixar amornar antes de limpar as nécoras, gardando o cacho. Poñer nunha tixola aceite e a cebola picada o máis fina posible, deixar que a cebola refogue a lume lento e engadirlle un chisco de tomate estrullado coas mans, engadir unhas pingas de Xerez na tixola e agregar a carne das nécoras. Probar o punto de sal, esparexer o pemento moído e deixar un minuto ao lume para, seguidamente, encher os cachos das nécoras con esta carne. Cubrir cada unha cun pouco bechamel, elaborado  cunha base de aceite, fariña, caldo da cocción das nécoras e leite. Meter a gratinar ao forno antes de servir.

ingredientes

  • 8 nécoras
  • 1 cebola
  • ½ tomate
  • 1 copiña de viño de Xerez
  • Pemento moído
  • Leite
  • 2 culleres de fariña
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Loureiro

relacionados

<< retorno