Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Langosta guisada

Elaboración

Cocemos a lagosta en auga e sal cunhas follas de loureiro durante 10 minutos, sacámoslle o cacho e reservámolo co caldo.

Nunha pota poñemos o aceite, a cebola, o allo e o pemento ben picados. Cando estea ben refrito, engadimos o tomate e, a seguir, a lagosta cortada en toros, un chorriño de caldo e o viño branco e corriximos de sal. Refogamos todo durante 5 minutos movendo a pota para que non se pegue e se reduza a salsa.

Nunha fonte de servir, poñemos as patacas cocidas, engadímoslles por riba a lagosta co seu mollo e esparexemos perexil picado.

Un viño branco do Rosal será perfecto.

ingredientes

  • 3 lagostas
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 pemento vermello
  • 1 vaso de salsa de tomate
  • ½ vaso de viño branco
  • ½ vaso de aceite de oliva
  • Sal
  • Perexil picado
  • Patacas cocidas

relacionados

<< retorno