Gastronomia de Galicia 

Bonito de Burela mariñado con mel de Galicia

Elaboración

Mesturamos o vinagre de mazá, o Mel de Galicia, un chorro de aceite Avoe e o viño do Ribeiro. Mariñamos os lombos de bonito de Burela durante dúas horas e acto seguimos selamos a parte exterior dos lombos nunha prancha ou tixola antiadherente a lume forte.
Acompañámolo  da  polpa de tomate natural impregnada en aceite Avoe, a cal nos aportará un toque de frescor. Engadirémoslle unhas láminas moi finas de lombarda salteada lixeiramente con gotas de vinagre de sidra e escamas de sal.
Á hora de servir, podemos utilizar a redución da salsa do mariñado para pincelar o prato ou poñela de acompañamento e potenciar así o seu sabor. Preparados para degustalo?

ingredientes

Bonito de Burela mariñado con mel de Galicia
800 gr. bonito de Burela                    
250 ml. vinagre de mazá          
500 ml. Mel de Galicia            
100 ml. aceite Avoe
250 ml. viño do Ribeiro            
50 gr. tomate
40 gr. lombarda (col morada)
Sal en escama

relacionados

<< retorno