Gastronomia de Galicia 

Pataca e orella agridoce

Elaboración

Cocer os cachelos al dente e reservar. Cocer a orella durante 1 hora. Despois da hora de cocción desalgala durante 24 horas. Mesturar a salsa de soia, o azucre, e o Mel de Galicia. Deixar reducir a mesturar ata un terzo do seu volume.
Fritir a parte externa da orella pasada con anterioridade por fariña xunto cos cachelos. A parte da orella máis xelatinosa, alíñase da maneira tradicional con aceite e pemento. Servir á mesa e presentar nunha cunca coa salsa agridoce. A desfrutar!

ingredientes

Pataca e orella agridoce
240 gr. patacas
1 orella salgada
50 gr. azucre
200 ml. salsa de soia
100 ml. de Mel de Galicia
100 ml. vinagre de sidra
Fariña
Pemento
Aceite

relacionados

<< retorno