Gastronomia de Galicia 

Coxa de Galiña de Mos con figos

Elaboración

 

Poñemos a coxa de Galiña de Mos en sal grosa durante 45 minutos. Retirámola e lavámola.

A continuación, poñémola en viño tinto, allo e cebola durante 12 horas. Retiramos e envasamos, ao baldeiro, a coxa cundente de allo e unha gota de aceite. Cociñámola ao vapor durante 5 horas a 65ºC.

Para acompañar utilizamos uns figos. Cocémolos cun chisco de vinagre, auga e azucre. Servimos todo nun prato,decoramos e listo para comer.

ingredientes

Coxa de Galiña de Mos con figos
  •  1 coxa de Galiña de Mos
  • 2 figos
  • Sal grosa
  • Viño tinto
  • Allo
  • Cebola
  • Vinagre
  • Aceite de oliva
  • Azucre

<< retorno