Gastronomia de Galicia 

Arroz caldoso de sardiñas á brasa

 

Caldo de sardiñas á brasa:

Cortar as verduras e douralas no forno cun chorro de aceite. Facer as sardiñas nunha grella con brasas de vides ata que estean ben douradas. Xuntalo todo e cubrir de auga, deixar cocer unhas 5 horas a pouco lume, coar.

Arroz:

Refogar a cebola co aceite de allo, engadirlle o pemento sen que se queime, engadir a salsa de tomate, rustrir lixeiramente e engadir o arroz. Botar o caldo fervendo e cocer uns 14-16 minutos.
Poñemos o tripe de caldo que de auga co fin de que quede caldoso

Presentación:

Colocar o arroz caldoso nun prato sopeiro cun lombo de sardiña cru que se ira cociñando coa calor do arroz.

ingredientes

Arroz caldoso de sardiñas á brasa

 

Para o caldo de sardiñas á brasa:

  • 1 cebola
  • 1 cenoria
  • 1 porro
  • 1 dente de allo
  • 10 g. de tomate frito
  • 5 g. de perexil
  • 5 g. de ceboliño
  • 4 bolas de pementa negra
  • 4 g. de salsa soia
  • Pemento
  • 100 g. de sardiñas á brasa

Para o arroz:

  • 400 g. de arroz bomba
  • 20 g. aceite de allo
  • 15 g. de cebola en brunoise
  • 8 g. de tomate frito
  • 3 g. de pemento da Vera

relacionados

<< retorno