Gastronomia de Galicia 

Salmón ao Conde de Ximonde

 

Elaboración:

Cortar o salmón en dados e salgar.

Nunha tixola mesturar dúas partes de aceite por unha de vinagre, engadir o pemento, o loureiro e a pementa negra, mesturar e levar ao lume.
Engadir o salmón, deixar que ferva por todo, esperar tres minutos e gardar.

Xa podemos servir no prato.  Como decoración poñeremos unha folla de loureiro e  sen máis, imos á mesa!

Que aproveite!  

ingredientes

Salmón ao Conde de Ximonde

Ingredientes:

  • Salmón
  • Aceite de oliva
  • Vinagre
  • Pementa negra
  • Loureiro
  • Pemento doce
  • Sal

<< retorno