Gastronomia de Galicia 

Salmón con verduras estufadas en galletas de Sésamo

 

Elaboración:

-  Puré de cabaciña:

Cocer e refogar os ingredientes, triturar e pasar polo coadoiro chinés.

-  Galleta de sésamo:

Mesturar e estender nun "silpat" que é unha lámina antiadherente onde imos a facer as galletas de forma cilíndrica.  Engadir as sementes de sésamo e enfornar a 180º.

Cortar a cabaciña e a cenoria en xuliana e estufar cun pouco de allo.
Cortar o salmón en filetes pequenos e finos e enfornalos un pouco.

 

Presentación:

Sobre unha galleta, colocamos unhas poucas verduras e enriba dous filetes de salmón seguido doutra galleta, verduras e filetes de salmón, finalizando cunha galleta de sésamo. Decoramos cun pouco de puré de cabaciña e a desfrutar!

ingredientes

Salmón con verduras estufadas en galletas de Sésamo

Ingredientes:

  • Salmón
  • Cabaciña
  • Cenoria
  • Allo
  • Aceite de Oliva
  • Aceite de sésamo
  • Sal e pementa

Para o puré de cabaciña:

  • 1 Pataca
  • 1 Cabaciña
  • 1 Porro
  • 1 Cebola
  • Aceite de Oliva

Para a galleta de sésamo:

  • 50 g. de fariña
  • 50 g. de clara de ovo
  • 40 g. de manteiga
  • Sal, azucre e sésamo

<< retorno