Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Vieiras curadas en auga de mar con zabaione de espumoso

ELABORACIÓN

Limpamos as vieiras e metémolas en auga de mar durante mínimo dous días para que se curen.

Preparamos o zabaione de espumoso: poñemos un cazo a lume con auga e dentro un recipiente para poder facer a crema ao baño maría. É fundamental que o segundo recipiente, onde imos a elaborar o zabaione,  non toque o fondo.

Poñemos as xemas cun pouco de sal no recipiente ao baño maría e imos removendo ata que as xemas estean montadas e comecen a branquexar. Engadimos as dúas copas de espumoso e imos removendo ata que obteñamos unha crema consistente, cremosa e lixeiramente espesa. Reservamos.

Fileteamos as vieiras e as marcamos un pouco nunha prancha ben quente, o suficiente para temperalas. 

Preparamos a presentación do prato poñendo o zabaione de base e as vieiras por encima. Esparexemos un pouco de sal maldon e un pouco de pementa acabada de moer. Acompañamos coa marmelada de pemento vermello.

Bo proveito!!

 

ingredientes

Receita Vieiras curadas en auga de mar con zabaione de espumoso - Gastronomía de Galicia

 

  • 2 vieiras por persoa
  • Auga de mar
  • 2 copas de espumoso galego
  • 3 xemas de ovo
  • Marmelada de pemento vermello
  • Pementa negra
  • Sal
  • Aceite de oliva

relacionados

<< retorno