Gastronomia de Galicia 

Torta costrada de améndoa

E non é de extrañar. Son máis de 6 horas as que se precisan para realizalo, unha receita milenaria que só elas a teñen e da que se gardan algún segredo. Para probar a auténtica Torta Costrada de améndoas, invitámosvos   a achegarvos a Verín, encantaravos!   

Elaboración

Primeiro pelamos a améndoa a man despois de cocela. Mesturámola co azucre e o leite e moémola. Deixamos repousar a masa durante 12 horas, despois amasamos a mestura coas xemas. Poñemos a masa resultante sobre a masa de follado.

Introducímolo no forno a 120 grados centígrados durante 3 horas, e cando calle deixámola arrefriar durante 2 horas aproximadamente para que solte o vapor que desprende. Engádeselle unha costra de améndoa acaramelada e vólvese a meter no forno outras 2 horas a unha temperatura suave de uns 100 grados.

Retiramos do forno ... e a gozar!

ingredientes

Torta costrada de améndoa

 

 

  • 1.200 gr améndoas
  • 8 xemas de ovo
  • ½ litro de leite
  • 250 gr azucre
  • Base de masa de follado



<< retorno