Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Salpicón de Centola

 

Elaboración:

Primeiro  picamos os pementos, a cebola e o ovo moi finos e ben picadiño. A continuación mesturámolos co aceite, o vinagre e o sal. Deixamos que repouse un tempo e engadimos a carne da centola e o peixe sapo esmiuzado.

Deixámolo no frigorífico durante un par de horas  para que macere e adquira todos os sabores. Para a presentación, poñemos unha leituga no fondo do recipiente que neste caso é unha copa de cóctel. Por enriba colocamos o salpicón e de xeito decorativo uns tomates cherry unhas herbas dos cóengos fritidas.

ingredientes

Salpicón de Centola

 

  • 25 gr pemento vermello
  • 25 gr pemento verde
  • 25 gr de cebola
  • 1 ovo cocido
  • 3 partes de aceite
  • 1 parte de vinagre
  • 100 gr de carne de centola
  • 100 gr de peixe sapo cocido 
  • Sal

relacionados

<< retorno