Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Bombóns de Centola

Ábrenos a porta da súa cociña, Javier Santamaría, do restaurante Miramar de Boiro, quen comparte connosco unha receita moi orixinal elaborada a base deste apreciado marisco: bombóns de centola... imos ver como se fai!  

 

Elaboración:

Primeiro mesturamos a carne da centola coa bechamel e facemos as bólas coas mans. Unha vez feitas as esferas, rebozámolas coa fariña, co ovo e a améndoa ...  sempre por esta orde!

E así de sinxelo temos os bombóns listos para fritir! Poñemos unha tixola con abundante aceite ao lume. Cando o aceite estea moi quente, botamos os bombóns a fritir. Volta e volta e unha vez se douren, retiramos.

Para servir na mesa,  colocámolos nunha bandexa sobre unha salsa de allo e aceite.. e a comer!

ingredientes

Bombóns de Centola

 

Para a bechamel:

  • ½ litro de leite
  • 40 gr de manteiga
  • 40 gr de fariña

Para os bombóns:

  • 1 kg de carne de centola
  • Bechamel
  • Fariña para rebozar
  • 1 ovo 
  • Améndoas trituradas

relacionados

<< retorno