Gastronomia de Galicia 

Mini-pizza de xurelos mariñados

Elaboración

Primeiro preparamos o peixe, deslombámolo, retirámoslle as espiñas e a pel. Cubrimos co sal e o azucre durante 30 minutos. A continuación lavámolo e secamos. Reservamos.

Facemos un volcán coa fariña e os demais ingredientes colocámolos no centro. Amasamos e deixamos repousar durante unha hora. Cortamos en anacos de 50 gr. Estiramos os anacos en forma redonda, picamos cun garfo e introducímolo no forno durante 5 minutos a 220º. Reservamos.

Cortamos o xurelo a coitelo en láminas finas (tipo xamón).

Estendemos o tomate sobre a masa pre-enfornada, e cubrimos con anaquiños de queixo. Enfornamos 5 minutos a 220º. Retiramos e cubrimos co xurelo (deixando que se quente simplemente coa calor do queixo fundido) e por enriba colocamos as follas de rúcula, cóengo e a ceboliña en xuliana. Listo para gozar!

ingredientes (4 pers.)

Mini-pizza de xurelos mariñados

Para o xurelo:

  • 4 lombos de xurelo
  • 1 kg sal
  • 250 gr de azucre

Para a masa:

  • 250 gr auga
  • 50 gr aceite
  • 20 gr fermento
  • 400 gr fariña
  • 10 gr sal

Outros:

  • 2 tomates corazón de boi (relados)
  • Queixo do país
  • Rúcula
  • Cóengos
  • Ceboliña

<< retorno