Gastronomia de Galicia 

Escabeche de xurelos

Elaboración

Primeiro preparamos os xurelos para cociñar. Deslombámolos, quitámoslles a pel e as espiñas. A continuación, introducímolos durante 12 horas a mestura de vinagre, soia, viño e auga. Despois retiramos, secámolos ben e deixámolos reservados para máis adiante.

Procedemos a infusionar o allo, a cebola e o loureiro. Un truco para lograr un mellor sabor: menos temperatura durante máis tempo! A continuación engadimos o pemento e o vinagre e dámoslle un fervor. Despois coámolo e deixámolo arrefriar.

Cortamos a cebola en xuliana e introducímola nunha cunca para mesturala co sal, os zumes de laranxa e limón e o chile. Deixamos macerar na neveira durante 8 horas, removendo de cando en vez.

Para unha boa presentación, servimos nun prato o xurelo cortado. Botámoslle a salsa coa allada e acompañamos coa cebola macerada, o ceboliño e a piparra.

ingredientes (4 pers.)

Escabeche de xurelos

Para o xurelo:

  • 1 xurelo de 600 gr
  • 1 l vinagre de mazá
  • 200 ml viño Albariño
  • 100 ml salsa de soia
  • 2 l de auga

Para a allada:

  • 500 ml AOVE
  • 1 cebola pequena
  • 1 cabeza de allos
  • 60 gr pemento
  • 200 ml vinagre de mazá
  • 1 folla de loureiro

Para a cebola vermella macerada:

  • 1 cebola vermella
  • 2 limóns (zume)
  • 1 laranxa (zume)
  • Sal
  • Chile chipotle

Outros:

  • Ceboliño
  • 2 piparras

<< retorno