Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Vieiras á galega

ELABORACIÓN

Nunha pota poñemos un pouco de aceite de oliva. Rustrimos a cebola picada moi finamente durante uns 15 minutos a lume lento.
Unha vez rustrida, engadimos o xamón, tamén picado, e o perexil. Agregamos unha culleriña de pemento doce e media copa de brandy e deixámolo ao lume uns 15 minutos máis.

Por outro lado, lavamos as vieiras e aproveitamos a parte cóncava da cuncha para colocalas engadindo o rustrido que preparamos previamente.

Unha vez recheas as cunchas, botamos o pan relado e un pouco de perexil.

Finalmente, introducimos as nosas vieiras no forno sobre 15 minutos a unha temperatura de 190º C ata que resulten douradas.

 

ingredientes

Vieiras á galega

 

  • Cebola
  • ½ Copa brandy
  • Xamón
  • Aceite de Oliva
  • Perexil
  • Pan Relado


relacionados

<< retorno