Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Vieiras ao Albariño no restaurante Nito

ELABORACIÓN

Nunha pota rustrimos cebola picada finamente en aceite ata que estea ben branda. Engadimos unha cullerada de fariña e revolvemos. A continuación, agregamos o viño Albariño e deixámolo ferver ata que resulte unha salsa lixeira.

Aproveitando a mesma cuncha da vieira, enchemos coa salsa e a propia vieira limpa previamente. Unha vez enche a cuncha, cubrimos cunha lámina de follado que pintaremos con ovo batido.

Para finalizar, metémolo no forno a unha temperatura de 200º uns 15 minutos aproximadamente.

 

ingredientes

Vieiras ao Albariño

 

  • Cebola
  • Follado
  • Aceite
  • Ovo
  • Albariño
  • Vieiras

relacionados

<< retorno