Gastronomia de Galicia 

Fabas con ameixas

Elaboración

Tras ter a remollo as fabas, lavámolas e poñémolas a cocer durante unha hora e media con anaquiños de cenoria, media cebola e porro.

Nunha tixola, poñemos a rustrir allo, media cenoria, medio pemento, media cebola e perexil. A continuación, engadimos as ameixas, tomate frito e un vaso de viño branco. Deixamos cocer lentamente e engadímoslle o resultado ás fabas. Delicioso!

ingredientes (4 pers.)

Fabas con ameixas

 

  • 500 gr. fabas
  • 800 gr. ameixas
  • Porro
  • Cebola
  • Pemento verde
  • Cenoria
  • Perexil
  • Tomate frito
  • Allo
  • 1 vaso de viño branco

 

relacionados

<< retorno