Gastronomia de Galicia 

Fabas verdiñas con lagostinos

Elaboración

Tras ter a remollo as fabas dende o día anterior, poñémolas a cocer. Engadímoslles un chorriño de aceite, unha folla de loureiro, un dente de allo e un anaco grande de cebola.

Cando comece a ferver, rompemos o fervor cun pouco de auga fría e repetimos a operación ata tres veces.

Escumámolas e engadimos o azafrán.

Retirámoslles as barbas aos lagostinos e lavámolos. Picamos os allos en anaquiños moi finos, co resto da cebola e rustrímolos en aceite. A continuación incorporamos os lagostinos e deixámolos refogar durante uns minutos. Engadímoslle o pemento doce e un chorriño de Tío Pepe.

Botámoslle o sal ao noso gusto e deixámolo a baixo lume durante uns minutos.
Reservamos.

Por último, cando as fabas estean cocidas, incorporámoslle o rustrido cos lagostinos e o vasiño de salsa americana. Deixamos cocer todo durante dez minutos e listo para servir!

ingredientes (4 pers.)

Fabas verdiñas con lagostinos

 

  • 500 gr. fabas verdiñas
  • 24 lagostinos
  • 1 cebola
  • 3 dentes de allo
  • Aceite de oliva
  • Un chorro de Tío Pepe
  • Pemento doce
  • Febras de azafrán
  • 1 vaso de salsa americana
  • Loureiro
  • Sal

 

relacionados

<< retorno