Elaboración
Primeiro mesturamos o azucre e a xema de ovo. Despois, fundimos o praliné e a manteiga e engadimos todo ao turrón. De último, incorporamos a fariña facéndoa po cun coador.
Metemos en flaneiras metálicas individuais, previamente untadas con manteiga ou con spray desmoldeante. Enchemos coa masa e conxelámolo.
Enfornamos 200º C durante 10 minutos.
Para a crema de lima mesturamos e batemos ata obter unha crema untuosa.
Sacamos o biscoito semilíquido da flaneira metálica e nun prato sopeiro, dispoñemos unha cullerada da crema ácida, o biscoito enriba da crema, facendo po con azucre glasé e rematamos relando un pouco de lima enriba da sobremesa.