Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Polbo con pemento sobre tosta de cebola acaramelada

 

Elaboración:

Cortamos o pan en pequenas rebandas e poñémolo a tostar no forno.

Cortamos a cebola en xuliana e a rustrimos nunha tixola con aceite de oliva. Tras 6-8 minutos, engadimos dúas culleradas de azucre para acaramelala.

Collemos o polbo, previamente cocido, e cortámolo en toros finos.

Sobre a tosta de pan, poñemos a cebola acaramelada e, enriba, o polbo. Sazonamos con sal, pemento e un chorriño de aceite de oliva. Tan rico como sinxelo!

ingredientes

Polbo con pemento sobre tosta de cebola acaramelada

 

  • 1 cebola
  • Pan
  • Azucre
  • Polbo
  • Pemento
  • Aceite de oliva
  • Sal


relacionados

<< retorno