Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Polbo á prancha con crema de tubérculos

 

Elaboración:

Pelamos e cortamos en anacos grandes a cenoria, a iuca e a pataca. Cocémolos en abundante auga durante 25 minutos. Despois, escorremos e engadimos a manteiga, para preparalos para  triturar e engadir toque de sal.

A continuación pelamos e cortamos a iuca en anacos moi finos, e fritímola na tixola con aceite moi quente. Reservamos.

Limpamos, picamos e salteamos os allos tenros. Reservamos.

Co polbo previamente cocido, cortámolo en toros non moi grosos e poñémolo na prancha ata que vexamos que colle un pouco de cor tostada.

Presentación:

O ideal é presentalo nunha copa de cóctel. Primeiro servimos a crema de tubérculos e despois colocamos os allos tenros. Arredor botamos un chorriño de allada e sobre iso poñemos os toros de polbo. Sazonamos con sal Maldon e colocamos enriba a iuca. Listo para gozar!

ingredientes por ración

Polbo á prancha con crema de tubérculos

 

  • 100 gr de polbo
  • 2 allos tenros
  • Sal fino
  • Un chorriño de allada
  • Sal Maldon
  • 20 gr de iuca

Para a crema:
  • 30 gr de cenoria
  • 100 gr de iuca
  • 80 gr de pataca
  • 30 gr de manteiga
  • Auga para cocción
  • Sal


relacionados

<< retorno