Gastronomia de Galicia 

Cabrito leital ao viño branco Casal de Armán

Elaboración

Primeiro aderezamos o cabrito con aceite e sal. Cortámoslle a pa e introducímolo no forno a 160 graos durante 40 ou 45 minutos. Despois, incorporámoslle o viño e deixámolo no forno media hora máis.

Mentres, fritimos nunha tixola as patacas e o pemento vermello.

Partimos o cabrito e servimos.

Moi doado e un resultado espectacular!

ingredientes (4 pers.)

Cabrito leital ao viño branco Casal de Armán

 

  • ½ cabrito
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • ½ botella de viño branco DO de Ribeiro
  • Patacas
  • Pemento vermello

<< retorno