Gastronomia de Galicia 

Carrilleiras de tenreira ao Mencía de Ribeira Sacra

Elaboración:

Primeiro limpamos as carrilleiras e poñémolas a dourar nunha pota con aceite. Cando estean listas, reservámolas. Despois, cortamos as cenorias e as cebolas e poñémolas a rustrir.

Cando estean listas, engadimos o bouquet garni e as carrilleiras. Engadimos o sal, a salsa de soia, a salsa de tomate, os dentes de allo, o viño e a pementa. Deixamos cocendo durante aproximadamente unha hora e media, ata que a carne estea branda. Podemos acompañar con patacas asadas, cocidas ou puré de pataca.

Unha delicia!

ingredientes

Carrilleiras de tenreira ao Mencía de Ribeira Sacra

 

  • 300 gr de carrilleiras de tenreira galega
  • 3 cenorias
  • 2 cebolas galegas cortada en círculos
  • Aceite suave
  • Sal
  • 10 dl de salsa de soia
  • 1 bote de tomate concentrado
  • 3 dentes de allo
  • 0,75 l de viño tinto de Mencía
  • Pementa
  • 1 bouquet garni

 

relacionados

<< retorno