Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Choco na súa tinta

Elaboración

Primeiro cortamos a cebola en rodas finas, e poñémolas de base nunha cazola cun pouco de aceite de oliva. Incorporámoslle sal e unhas tiras de pemento vermello. Deixamos rustrir uns minutos e engadímoslle o choco lavado, coa cuncha cara a arriba. Debe colocarse ben, que quede como unha flor. Cando comeza a ferver, deixamos a cazola a lume lento, botámoslle un chorriño de coñac e unha pequena reladura de chocolate.

O tempo de cocción depende do tamaño do choco, aproximadamente 30 minutos. Pódese acompañar con arroz en branco, patacas cocidas ou patacas fritas. Para decorar podemos engadir un tomate cherry confeitado e unha folla de leituga.
 
 

Ingredientes (1 pers.)

Choco na súa tinta

  • 1 kg de chocos
  • 2 cebolas grandes
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Coñac
  • Chocolate
  • Pemento vermello
  • Tomate Cherry
  • Pataca



<< retorno