Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Choco á prancha con crema de allo

Elaboración

Primeiro limpamos o choco e lavámolo. Esta vez cociñarémolo enteiro. Poñemos a quentar a prancha e cando estea quente colocamos o choco. Incorporamos o sal e botámoslle un chorriño de aceite de oliva por riba. Deixámolo a dourar por ambos lados, durante aproximadamente 15 minutos.

Unha vez feito, colocámolo coa cuncha para arriba e vestímolo cunha crema de allo moi picado, aceite e perexil. Podémolo acompañar con calquera tipo de gornición. Quedará moi vistoso se o mesturamos cunha variedade de flores comestibles.

Ingredientes (1 pers.)

Choco á prancha con crema de allo

  • 1 kg de choco mediano
  • Sal
  • Aceite de oliva
  • Allo
  • Perexil


<< retorno