Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Espetos de ostras con champiñón

Elaboración

 
Pasamos por fariña as ostras e os lagostinos. Nunha tixola fritimos os champiñóns enteiros. Cando estean fritos, engadimos allo picado e salteamos. Despois incorporamos as ostras e os lagostinos e fritímolos. Cando teñan aspecto dourado, engadimos o polbo e unhas culleradas de salsa española.
 
Para presentalo usaremos un pincho e montaremos o espeto: ostras, lagostino e champiñón. Salseamos e decoramos con boliñas de melón.

ingredientes

Espetos de ostras con champiñón

 

  • Lagostinos
  • Ostras
  • Polbo
  • Allo
  • Melón
  • Champiñón
  • Sal
  • Aceite
  • Salsa española

relacionados

<< retorno