Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Salteado de ostras con polbo

Elaboración

Primeiro abrimos as ostras. Despois pasámolas xunto co lagostino por fariña e fritímolas. Cando estean listos, botámoslle un chorriño de viño branco por enriba.

Noutra tixola, salteamos o allo picado, a cebola e o xamón. Cando estean listos, engadimos o polbo e axustamos o punto de sal.

Para presentalo, primeiro poñemos o salteado e sobre este engadimos os lagostinos e as ostras.

ingredientes

Salteado de ostras con polbo

 

  • Cebola
  • Lagostino
  • Xamón serrano
  • Polbo
  • Ostras
  • Aceite
  • Allo
  • Fariña
  • Viño branco


relacionados

<< retorno