Gastronomia de Galicia 

Robaliza flamexada ao licor de herbas de Galicia

Elaboración

Primeiro limpamos a robaliza e fileteámola en lombos. Despois cortamos á xuliana a cenoria e o allo porro. Tamén cortamos e cocemos as patacas.  
Refogamos en manteiga o allo porro e a cenoria, botamos os lombos da robaliza e facémola lixeiramente polos dous lados. Despois, flamexamos co licor de herbas, alongamos cun pouco de fumet e rematamos coa nata fresca, deixándoa cociñar uns instantes.
 
A modo presentación, colocamos a robaliza no prato e a cobrimos co mollo, acompañándoa coas patacas cocidas.

ingredientes

Robaliza asada con patacas á galega e refogado a lume vivo de cogomelos

 

  • Robaliza
  • Cenoria
  • Allo porro
  • Manteiga
  • Fumet
  • Nata fresca
  • Fiúncho
  • Patacas
  • Sal

relacionados

<< retorno