Gastronomia de Galicia 

Bocadiños de lacón con queixo rebozados

Elaboración

Collemos unha rebanda de pan de molde, que nos servirá de base para o bocadiño. Colocamos sobre ela un filete fino de lacón e unha rebanda de queixo. Tapamos con outra rebanda de pan de molde e reservamos.

Batemos un ovo e mesturámolo ben co leite. A continuación, empapamos o bocadiño na mestura e poñémolo a fritir nunha tixola, con aceite abundante e ben quente. Cando estea douradiño, retirámolo. Recomendamos colocalo sobre papel de cociña para retirar o exceso de aceite, e... listo! A que é doado? Podedes acompañalos de tomate e uns espárragos trigueiros.

ingredientes

Bocadiños de lacón con queixo rebozados

 

  • Lacón fileteado
  • Queixo en rebandas
  • Ovo
  • Pan de molde
  • Leite

relacionados

<< retorno