Gastronomia de Galicia 

Piquillos recheos de grelos e gambas

Elaboración

O primeiro paso é cocer os grelos e as gambas, en potas diferentes. Cando estean listos, cortamos os grelos en anacos e poñémolos nunha tixola cun chorriño de aceite, un dente de allo cortado en láminas e as gambas.

Cando estea todo rustrido, incorporámoslle a fariña. Pouco despois, engadímoslle leite para preparar a salsa bechamel. Teremos que remover continuamente ata conseguir a textura axeitada. Cando o teñamos listo, deixámolo arrefriar.

Despois, enchemos os pementos de piquillo e pasámolos por fariña e ovo para pasalos pola tixola.

Para acompañalos, é unha boa idea facer unha salsa con cebola e pemento. Tras cortar ambos os dous en anacos, rustrímolos nunha tixola para despois pasarlos polo batedor. Vaille tan ben aos pementos recheos!

 

ingredientes

Piquillos recheos de grelos e gambas
  • Pementos de piquillo
  • Grelos
  • Gambas
  • Fariña
  • Ovos
  • Sal
  • Pementa
  • Allo
  • Leite
  • Cebola
  • Pemento
  • Aceite


relacionados

<< retorno