Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Revolto de ourizos, alcachofas e trufa melanosporum

Elaboración

Abrimos os ourizos cunhas tesoiras para retirar as ovas e o líquido do seu interior. Limpamos coidadosamente as ovas coa súa propia auga ata que non teñan ningunha impureza.

Limpamos as alcachofas, salgámolas, pasámolas por fariña e fritímolas ata que queden crocantes.

Separamos a clara da xema e dámoslle un golpe de calor no forno a esta (forno 80°).

Colocamos no prato a xema, as ovas, as alcachofas fritidas, relamos a trufa e removemos. Coa calor da alcachofa e a xema morna obteredes a nosa versión do revolto semilíquido.

Sinxelo e sorprendente!

Ingredientes (1 pers.)

Revolto de ourizos, alcachofas e trufa melanosporum

  • 1 ourizo
  • 1/2 alcachofa
  • 1 xema de ovo
  • 15 gr de trufa
  • Fariña
  • Sal

<< retorno