Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Ourizos da Veira

Elaboración

Primeiro coceremos os percebes e as minchas en abundante auga con sal. Poñemos a auga ao lume e incorporamos os percebes e as minchas cando estea a ferver. Esperamos a un segundo fervor e quitámolos. Cando estean fríos pelámolos.

Abrimos os ourizos cunhas tesoiras para retirar as ovas e o líquido do seu interior. Limpamos coidadosamente as ovas coa súa propia auga ata que non teñan ningunha impureza. Coamos o líquido cunha malla fina e reservamos.

Para preparar o aire de ourizos, utilizaremos o seu líquido. Probamos e rectificamos o punto de sal. Engadímoslle pos de lecite, que nos axudará a que o líquido se airee. Por cada 100 gr de auga de ourizos engadimos 1,5 g de lecite. Batemos todo ata que empecen a saír burbullas de aire.

Colocamos no prato as ovas de ourizo acompañadas do aire do líquido, as minchas e os percebes. Podemos acompañalos con algas ou angulas de monte salteadas.

Mans á masa!

 

Ingredientes (1 pers.)


  • 50 gr de percebes.
  • 50 gr de minchas.
  • 2 ourizos.
  • 100 gr auga de ourizos.
  • 1,5 gr de lecite.

<< retorno