Gastronomia de Galicia 

Agulla de porco celta ao viño mencía con castañas

Elaboración

 
Cortamos a agulla en dados grandes de 4 cm. Botámoslle sal e pementa, pasamos por fariña e fritimos en aceite de oliva para selar a carne. Cando a temos selada, pasámola a unha tarteira. No aceite de pasar a carne rustrimos a cebola chalota, a cenoria e o allo porro, cortados en anacos pequenos. Pasamos as verduras rustridas á tixola da carne sen incorporar o aceite da fritura, a cal descartaremos.
 
Poñemos o conxunto ao lume. Incorporamos o chorro de Brandy, queimamos e mollamos co viño mencía de "Ladeiras de Paderne".
 
Deixamos reducir ben o alcohol. Mollamos co caldo de carne e poñemos a cocer a lume moi baixo incorporando unhas castañas para facer a salsa.
 
Cando a carne resulte tenra da cocción, retirámola da tarteira pasando a salsa polo batedor.
 
Introducimos a carne na salsa de novo e deixamos repousar. Servimos acompañado de castañas cocidas.

ingredientes

Agulla de porco celta ao viño mencía con castañas

 

  • 1kg de agulla de porco celta
  • Sal e pementa
  • ¼ litro de aceite de oliva
  • 2 cebolas chalotas
  • 2 cenorias
  • 2 allos porros
  • 1 dl de Brandy
  • ½ litro de viño mencía "Ladeiras de Paderne"
  • ½ litro de caldo ou fondo de carne
  • ½ kg de castañas enteiras peladas

relacionados

<< retorno