Gastronomia de Galicia 

Xoubas San Xoán

Elaboración

Primeiro esmiuzamos o  pan de broa e secamos no forno a 60º durante 1 hora e media. Unha vez seca a miga de pan salteámolo nun "wok" con parte do aceite das xoubas e un pouco de pementón. Cocemos os cachelos en auga con sal e loureiro, unha vez cocidos pelámolos e triturámolos cun pouco da auga da súa cocción e un chorro de aceite de oliva virxe.

Montaxe do prato

Poñemos unha base da crema de cachelos e por riba unha capa de broa, a continuación as xoubas e rematamos cun pouco de pementón.

Bo proveito!

ingredientes

Xoubas San Xoán

  • 1 lata de xoubas en aceite de oliva
  • Pan de broa
  • Cachelos
  • Aceite de oliva
  • Loureiro
  • Sal
  • Pementón doce e picante ao 50%

relacionados

<< retorno