Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Volováns recheos de guacamole e mexillón

Elaboración

Trituramos o aguacate e mesturamos o tomate relado e o ceboliño cortado moi finamente. Engadimos o coandro moi picado e un pouco de zume de limón.  Botamos o sal e a pementa e reservamos en manga pasteleira.

Enchemos  os volováns  co guacamole e colocamos un mexillón en escabeche encima.

A comer!

ingredientes

Volováns recheos de guacamole e mexillón
  • 1 lata de mexillóns en escabeche
  • Volováns
  • Aguacates
  • Ceboliño
  • Tomate  relado
  • Coandro
  • Zume de limón
  • Sal e pementa

relacionados

<< retorno