Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Polbo á arousana con emulsión de allada

Elaboración:

Separamos os brazos do polbo e envasámolos ao baleiro. Cocemos a 95 graos durante 50 minutos.

Para a allada, poñemos en aceite o allo, a cebola, o loureiro e o vinagre a 80 graos durante media hora. Despois, engadimos o pemento e deixámolo repousando 2 horas. Para facer a emulsión, mesturamos a allada con 200 gr da auga na que cocemos o polbo, incorporando 2 gr de xantana e limón.

Para a presentación, salteamos a ceboliña, cortámola en 4 anacos e decoramos o prato.

ingredientes (4 pers.)

Polbo á arousana con emulsión de allada

 

  • 2 kg de polbo
  • Aceite de oliva suave
  • 2 cabezas de allo
  • 1 cebola
  • 1 folla de loureiro
  • 100 gr de pemento doce
  • 50 gr de vinagre de sidra
  • 2 gr de xantana
  • Limón
  • Ceboliña

relacionados

<< retorno