Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Maridaxe de Arzúa(copia)

 

Elaboración:

Pelamos e cortamos os allos en láminas e os sofriximos nunha tixola cun pouco de aceite. Botamos as gambas peladas e salteámolas a pouco lume, engadindo un chorriño de viño branco e sen parar de removelas. Retirámolas e deixámolas para máis adiante.

Cortamos en tiras o queixo Arzúa-Ulloa e introducímolas nunha cazola, na que botamos a salsa que soltaron as gambas ao saltealas na tixola. Cando o queixo comece a derreterse, engadimos as gambas. É o momento de introducir a cazola no forno a 180 graos e deixala uns catro minutos.

Despois retiramos a cazola do forno e botamos o perexil por riba e... listo para servir!

Un último consello: acompañar cunha copa de viño branco.
 

ingredientes (4 pers.)

Maridaxe de Arzúa

 

  • 200 gr de gambas
  • 800 gr de queixo Arzúa-Ulloa
  • 2 dentes de allo
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Viño branco
  • Sal
  • Perexil

relacionados

<< retorno