Gastronomia de Galicia 

Pataca de Galicia gratinada

Elaboración

Antes de comezar, lavamos ben as patacas. A continuación cócense ao vapor e coa pel.
 
Cando as patacas estean cocidas, córtanse pola metade e retírase a carne do medio.
 
Por outro lado, facemos a bechamel con leite, manteiga, fariña e noz moscada. Enchemos as patacas coa bechamel e engádese un pouco de queixo raiado San Simón da Costa.
 
O último paso será enfornar as patacas coa bechamel a unha temperatura de 180o. Despois de 10 minutos, xa están listas para degustar!

ingredientes (4 pers.)

Pataca de Galicia gratinada

 

  • 8 Patacas de Galicia de tamaño mediano
  • 100 gr. de manteiga
  • ½ litro de leite
  • 100 gr. de fariña
  • 100 gr. de queixo raiado San Simón da Costa
  • Noz moscada
  • 1 chisco de pementa branca

<< retorno