Gastronomia de Galicia 

Tartaleta de pataca de Galicia con xamón

Elaboración

Para comezar, refogaremos a cebola na manteiga, pero evitando que colla cor. A esta engádeselle o xamón, ao que se lle dan dúas voltas tendo coidado de que non se poña duro. Para rematar a mestura, engádeselle un pouco de puré de Pataca de Galicia, salpiméntase e rebaixámola cun pouco de leite en crema.
 
Como último paso antes de enfornar o prato, énchense as tartaletas coa mestura e ponse por enriba perexil e pan raiado.
 
Durante 10 minutos e a unha temperatura de 200o deixaremos que este rico prato se vaia facendo para deleitarnos os padais trala súa cocción.

ingredientes (4 pers.)

Tartaleta de pataca de Galicia con xamón

 

  • 8 tartaletas salgadas
  • 300 gr. puré de Pataca de Galicia
  • 200 gr. de xamón do país
  • 1 cebola
  • 100 gr. manteiga
  • 1 vaso de nata
  • Pementa branca
  • Perexil

<< retorno