Gastronomia de Galicia 

Empanada de pementos de Herbón

Elaboración

Facemos os ingredientes do interior da empanada: allo, loureiro, tomate e pemento.

Estiramos a masa e cortámola no tamaño que desexemos.

Fritimos os pementos, botámoslle sal e introducímolos na masa co resto do preparado do rustrido. É mellor esperar a que estes ingredientes arrefríen antes de poñelos na masa.

Tapamos os ingredientes con outra capa de masa e introducimos a empanada no forno a 180 durante 30 minutos.

Á mesa!

ingredientes

Empanada de pementos de Herbón
  • Masa de empanada
  • Pemento vermello
  • Cebola
  • Aceite de oliva
  • Tomate triturado
  • Sal fino
  • Pementón
  • Loureiro
  • Allo
  • Vinagre
  • Pementos de Herbón

festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia:  Festa da Empanada de Bandeira· Terceiro sábado de agosto· Lg. Bandeira - Silleda (Pontevedra)

<< retorno