Gastronomia de Galicia 

Petisco de tenreira galega con pementos de Herbón

Elaboración

En primeiro lugar cortamos a tenreira en anacos pequenos cun grosor de entre 2 e 3 centímetros. Fritímolos á prancha ao gusto; a nosa recomendación para que estea substanciosa é sinxela: volta e volta!

Despois fritimos os pementos en abundante aceite bastante quente, facendo que floten sobre o aceite.

Os anacos de tenreira servirán de base e colocaremos os pementos sobre eles. Para facilitar a degustación, podedes utilizar escarvadentes que fixen os pementos á tenreira. Un truco: podedes encher un pouco de aceite da carne e dos pementos por enriba do bocadiño. Ao final de todo, incorporádeslle sal groso e delicioso! Un bocado celestial! Podédeslle engadir máis ingredientes, xa que admite unha ou máis capas baixo a tenreira; podedes incorporar de base unhas pataquiñas panadeiras ou unha rebanda de pan galego.

ingredientes (4 pers.)

Petisco de tenreira galega con pementos de Herbón
  • Tenreira galega
  • Aceite
  • Sal groso
  • Pementos de Herbón
  • Aceite de Oliva

relacionados

<< retorno