Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Percebes ao estilo tradicional, trucos dun mestre

 

Elaboración:

 
O segredo do percebe é o seu punto de fervor e de sal. Nunha pota introducimos 25 gramos por cada litro de auga. É importante contar cunha pota que permita alcanzar o fervor o máis axiña posible. No caso de non contar con ela e no caso de ter que cociñar unha gran cantidade de percebes, é mellor cocelos en varias quendas que todos xuntos cunha gran cantidade de auga, xa que se non, a auga tardará moito máis tempo en ferver e os resultados non serán tan bos!
 
Co primeiro fervor, introducimos os percebes. É mellor que a pota a manteñades tapada para que ferva máis rápido. Cando alcance o segundo fervor será o momento de probar como están os percebes en canto á cocción e ao sal. Se temos que corrixir, será este o momento perfecto. A partir de aquí veremos canto tempo lle falta de cocción. Canto mellor sexa a calidade do percebe, menos tempo necesitará para alcanzar o seu punto ideal; ás veces necesitaredes tan só un minuto, outras 2 ou 3, pero nunca máis tempo!
 
Ao servilos, procurade tapalos cun pano para evitar que arrefríen e se entrecorten. Se acompañades os percebes cunha boa copa de viño de Denominación de Orixe Rías Baixas, moito mellor!

ingredientes (4 pers.)

Percebes ao estilo tradicional, trucos dun mestre

 

  • 200 gr de percebes
  • Sal

<< retorno