Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Percebes ao aroma de San Xurxo

 

Elaboración:

Comezaremos machucando os mexillóns e as lapas. A continuación, introducímolos nunha bolsa de baleiro xunto coa leituga de mar e as patacas, precintámola e metémola no forno-vapor durante 45 minutos a 85⁰.

Despois, abrimos a bolsa e reservamos o líquido. Picamos a leituga de mar e as patacas e mesturámolo cos mexillóns. Posteriormente, utilizamos un aro para colocar a mestura nun prato. Por enriba, colocamos os percebes xa fervidos e pelados.

O líquido que soltaron os mexillóns, a leituga de mar e as patacas, introducímolo nunha teteira que presentaremos xunto ao prato para que os nosos convidados poidan servirse como salsa ao gusto de cada un. Un bocado de mar innovador a base de percebes!

ingredientes (4 pers.)

Maridaxe de Arzúa

 

  • 200 gr de percebes
  • 1500 gr de mexillóns pequenos de rocha
  • 15 lapas
  • 50 gr de leituga de mar
  • 4 patacas de Cañaveral
  • Sal

<< retorno