Gastronomia de Galicia 

Empanada tradicional de bacallau

Elaboración:
 
Preparamos a masa da empanada ao modo tradicional, amasándoa durante moito tempo para que todos os ingredientes queden moi ligados. Cando rematemos, o resultado ha de quedar nunha cor avermellada, que llo dará o pementón.
 
Para a farsa, empezaremos cortando os ingredientes. Cortamos en xiana fina o pemento e a cebola, e poñémolos a rustrir nunha tixola con aceite abundante, sal, allo e loureiro. Refogamos. Cando estean rustridos, engadimos tomate triturado e un pouco de viño branco. Deixámolo reducir.
Cando o teñamos listo e xa retirado do lume, engadimos 2 culleradas de pementón da Vera Para evitar que a masa se abrande, deixamos arrefriar a farsa antes de poñela sobre esta.
 
Poñemos a farsa e o bacallau sobre a masa e cubrimos todo con outra porción de masa a xeito de tapa.
Cando o forno estea a 180°, introducimos a empanada durante 30 minutos e lista! Recordade que a empanada a podemos tomar quentiña ou fría.

ingredientes (10 pers.)

Receita de Empanada tradicional de bacallau

 

  • 220 gr de aceite de allada
  • 500 gr de fariña
  • 75 gr de masa nai
  • 1 ovo
  • 10 gr de sal
  • 220 gr de leite

    Para a farsa:

  • 1,5 l de aceite
  • 5 gr de pementón
  • Sal ao gusto
  • Tomate triturado
  • 650 gr de cebola
  • 300 gr de pemento vermello
  • 1 folla de loureiro
  • 2 dentes de allo
  • 2 dl de viño branco
  • Bacallau

festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia:  Festa da Empanada de Bandeira· Terceiro sábado de agosto· Lg. Bandeira - Silleda (Pontevedra)

<< retorno