Gastronomia de Galicia 

Empanada aberta de sardiñas

Elaboración:
 
1. A cebola:
 
Facemos a farsa (conxunto de vexetais que acompañan ao produto principal da empanada) con allo, loureiro, tomate e pemento. Noutras empanadas tamén se pode incorporar o pemento vermello, pero nesta ocasión non o imos facer.
 
2. A masa de empanada frita:
 
Estiramos a masa moi ben para deixala moi fina, cortámola no tamaño que desexemos e fritímola con aceite de oliva. Non a tostedes demasiado, pois pode quedarnos demasiado amarga.
 
3. A sardiña:
 
Limpamos e fileteamos a sardiña quitándolle todas as espiñas con coidado. Collemos a bandexa do forno e vertémoslle aceite de xirasol, vinagre e sal fino. Cando teñamos o forno a 100°, introducimos as sardiñas durante 4 minutos. Cando estea lista, deixámola arrefriar e conservámola na neveira con papel de forno.
 
4. Presentación:
 
Sobre a masa frita, colocamos a cebolada. Sobre a cebolada, colocamos tres pementos de Herbón fritos no momento e sobre eles colocamos as sardiñas. Gratinámolo na salamandra e listo para tomar.
 
Un último consello de Beatriz: se á hora de presentar a empanada aberta de sardiñas o facemos sobre aceite de olivas negras e aceite de ceboliño e o poñemos un pouquiño de sal en escamas, quedaredes con todo o mundo!

ingredientes (10 pers.)

Receita de Empanada aberta de sardiñas

 

  • Masa de empanada
  • Cebola da farsa de empanada (sen pemento)
  • Aceite de oliva
  • Aceite de xirasol
  • Sal fino
  • Pementón
  • Loureiro
  • Allo
  • Vinagre
  • Pementos de Herbón
  • Sardiñas frescas

festas

  • Festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia:  Festa da Empanada de Bandeira· Terceiro sábado de agosto· Lg. Bandeira - Silleda (Pontevedra)

<< retorno