Gastronomia de Galicia 

Paté de troita coas súas ovas

Elaboración:

Primeiro cocemos a troita ao vapor, a lume moi lento. Cando estea lista reservámola para máis adiante.

Nunha cunca, mesturamos ben a nata líquida cos ovos e a salsa de tomate. Incorporamos o sal e a pementa, segundo o voso gusto.

Despois, cortamos a troita en anaquiños pequenos e engadímosllos á mestura. Se vos gusta que a textura quede máis suave e máis uniforme podedes usar o batedor.

Unha vez ben mesturados todos os ingredientes, poñémolos a quentar ao baño maría no forno a 150 graos durante unha hora.

Ao presentalo, colocámoslle as ovas de troita enriba e listo para comer!

Eduardo dános un consello de autor: se o paté o metemos nun tarro de cristal pechado, unha vez cocido ao ba ño maría, teredes unha conserva! Grazas Eduardo! 

 
 

ingredientes (4 pers.)

Paté de troita coas súas ovas

 

  • 400 gr de troita sen espiñas (branca ou asalmoada)
  • 200 ml de nata líquida
  • 4 ovos
  • 50 ml de salsa de tomate
  • Sal
  • Pementa
  • Ovas de troita

 

relacionados

<< retorno