Gastronomia de Galicia 

Pratos da cociña galega

Mariscos

Polbo á prancha con cachelo e chimichurri ecolóxico de algas

 

Cocemos as patacas cun chorriño de aceite, unha folla de loureiro e sal. Cortamos as patas do polbo lonxitudinalmente e dourámolas nunha prancha.

Colocamos unha base de patacas, o polbo dourado enriba e aliñamos co pemento e o aceite. Por último colocamos o sal e o chimichurri ecolóxico de algas. Facilísimo! E resultado... espectacular! 


 

ingredientes (4 pers.)

Polbo á prancha con cachelo e chimichurri ecolóxico de algas

 

  • 800 gr de polbo de Camariñas cocido
  • 4 patacas medianas en toros con pel
  • Chimichurri ecolóxico de algas
  • Sal Maldon
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Pemento doce

relacionados

<< retorno