Gastronomia de Galicia 

Torta de queixo San Simón da Costa

 
Elaboración:
 
Nun recipiente mesturamos e batemos o iogur, o queixo, a nata líquida, os ovos e o azucre.  Cando desaparezan os grumos, engadimos a fariña e seguimos remexendo.
 
Despois botamos o contido nun molde, previamente cuberto de manteiga e fariña para evitar que a masa quede pegada ao mesmo.
Introducimos o molde no forno a 180 graos e o deixamos cocer durante uns 50 minutos. Un bo truco é empregar un escarvadentes e pinchar a masa de cando en vez.
 
Cando o escarvadentes non saia mollado, xa teremos lista a nosa torta!

ingredientes (4 pers.)

Torta de queixo San Simón da Costa

 

  • 250 gr de iogur de limón
  • 250 gr de queixo San Simón da Costa
  • 250 gr de nata líquida
  • 150 gr de fariña
  • 4 ovos
  • Manteiga

<< retorno